Tuesday, May 16, 2006

MURGUÍA

Murguía vaise centrando en posicións máis de dereitas, despois de partir de posicións do liberalismo democrático, porque trata de manterse equidistante. “ Na súa obra expón que o rexionalismo non acepta o absolutismo, nin predica a volta ó anterior, senón que proclama moi alto que é por esencia réxime de liberdade.”
Murguía afirma que a diversidade nacional é unha característica histórica imposible de destruír, porque é un territorio, unha raza, unha vida común consciente e continuada durante séculos. No seu historicismo mostra principalmente que o propio “ser” nacional nada ten que ver co social ou co político, senón que nace de factores alleos e independentes a esas continxencias: a raza que dará lugar a un idioma e a un carácter específicos e irreductíbeis. Polo tanto, para Murguía a nación é o suxeito histórico principal e o resultado da unión entre unha raza e un territorio, da que nace un Volksgeist.
O concepto de nación galega por parte de Murguía a través de referentes de negación, reintegración e de analoxía permite afirmar plenamente que Galicia reúne para Murguía tódalas características e condicións para ser unha nación, aínda que só a chame rexión.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home