VICENTE RISCO
Dende 1918 a 1936 desenvólvese o concepto de Galicia-nación que amosa un alto grao de unicidade en tódalas variantes ideolóxicas. A obra de Vicente Risco é decisiva na formulación dese concepto,que recolle o legado de Murguía e combínao con outras influencias obtendo como resultado a concesión da nación como un “feito natural”, biolóxico, independente da vontade dos homes. Para el,as nacións son entes estables, como a propia natureza. Na súa xénese, Risco destaca o factor “terra”, que o sitúa en pé de igualdade coa raza, pero para el aínda a lingua segue sendo o factor de diferenciación e conservación da nacionalidade.Risco ve a nación como o resultado da unión entre unha raza e un territorio, da que nace Volksgeist.
Risco concede á nación grande importancia na súa concepción da historia;concibe a nación como un feito natural e biolóxico, independente das estructuras sociais e políticas de cada época, co que estaba ante un proceso parecido ó de Murguía.



